Connect with your Facebook account
 

Instruments I play

Guitar, Bass guitar and Bagpipes
 

Latest starred albums

 
 
 

Last starred artists

2 albums
12 albums
1 album
1 album
 

Favorite tags

Rock, galego, galiza, hardrock, Punk, stoner, Grunge, Metal, heavy, garage, hardcore, Folk



Latest reviews

1  2  3  4    »    
Order by
 
 
PlayPlay
Xera - Tierra

Xera

Tierra

13/08/09

Xa ficara abraiado co álbume anterior. Superástesvos. L'Anduriña, coesa testemuña arrepiante e conmovedora (son afortunado por comprender o asturianu, e x comprender as historias de mariñeiros), hóubome emocionar.
Estraordinário!

PlayPlay
Breogán - Marea Alta

Breogán

Marea Alta

01/07/09

A presenza do grande Rei Breogán agroma nas almas dos seus fillos esparexidos polo mundo, a través da brétema da lembranza.

Que arreguizo sentir ás mozas do Alén Mar cantaren ao seu xeito (seu ben dóce xeito) nesta nosa língua de superviventes. Tamén nesoutra fermosa língua que descoñezo.

Cáenme as bágoas. Veñen de ser 17 minutos de fonda emoción.

Gracias, Breogán. Tamén eu son fillo dos celtas.

PlayPlay

Non vos sei dicir. Gústame visceralmente.

PlayPlay
STEEP - Your Reality

STEEP

Your Reality

22/04/09

Teñen cousas de Guano Apes, e de Muse tamén. Por veces empalagan un chisco.

PlayPlay
Xera - Lliendes

Xera

Lliendes

02/04/09

Estes amigos astures apañan o feraz caudal inspirador da música tradicional asturiana e xoghan a lle pór darredor atavíos da música contemporánea, cun resultado sorprendente.

Como dicimos os galegos de quen merece recoñecemento: Ghaiteiros!

PlayPlay

Representantes da pureza do xénero. Carraxe e cervexa! Saúde!

PlayPlay
Evil Inside - Empathy

Evil Inside

Empathy

26/03/09

Unha mágoa que non gravaran máis nada.
Unha mágoa que o son desta gravación non sexa máis limpo.

Porque son realmente bos, orixinais e kañeros.

PlayPlay

Non achega cousa nova ao xénero. Mais é un choio sério, moi ben interpretado darredor duns textos notábeis a voltas coa iconografía clásica do rock, a derrota e a liberdade.

A voz, ás veces, non remata por cadrar co nível do conxunto.

"Zumo de ciudad" prestoume máis ca outra ningunha.

PlayPlay

Proposta peculiar e orixinal de factura sumamente profesional que somete ao metal a influenza variada. A voz asoballa. E os textos, polo xeral habilmente estruturados, zumegan ironía..

A min sóubomevos a unha mestura ousada de Medina Azahara, Queen, Bunbury e Metallica, e...
MANDA MOITO CARALLO!

PlayPlay

É tan americano que non me chista que non sexa americano, xa que había ser o puto paradigma.

Moi bo!

 

1   |   2   |   3   |   4      »